miércoles, 24 de marzo de 2010
Iniciamos un nuevo proceso de desarrollo.
La asociacion Galega de Linfedema comienza una nueva etapa en la que las nuevas tecnologías nos ayudarán a un mayor intercambio de información. La creciente demanda de una pagina interactiva ha dados sus primeros frutos en esta web, que esperamos os sea de gran utilidad. Un saludo.
sábado, 12 de junio de 2004
Entrevista Juan Lameiro La Voz de Galicia
SANTIAGO 12 de xuño do 2004
«Buscamos máis prestacións na
sanidade pública galega»
El cronómetro | Juan Manuel Lameiro
Este veciño de Vilagarcía xestiona nas últimas semanas en Compostela a
legalización dunha asociación para doentes dun mal moi penoso
Esta entidade tentará informar, dar apoio e exercer presión perante as
administracións na procura dunha mellor asistencia: «Buscamos máis
prestacións na sanidade pública galega, porque agora a situación é moi
diferente e hai casos sen un tratamento axeitado. Queremos ter as mesmas
oportunidades que os afectados en países como Alemaña», afirma Juan
Manuel.
-É unha doenza progresiva e discapacitante, que consiste nunha inchazón
crónica nunha ou en varias partes do corpo. De non haber un bo tratamento
médico as consecuencias poden ser desastrosas e irreversibles, con
desfiguracións tremendas, casos de elefentiasis e, o peor de todo: tumores
malignos en membros afectados por linfedema crónico. Unha parte mínima
dos casos son conxénitos; o resto poden ter como causa unha operación,
sobre todo dun tumor de mama, un melanoma ou na rexión pélvica;
tratamentos de radioterapia, un accidente, unha parálise dun membro, ou
unha insuficiencia venosa crónica, entre outras.
-¿Son moitos os afectados? -Descoñecemos que haxa estudos galegos,
mesmo en España. No entanto, se aplicamos o resultado de investigacións
internacionais, calculamos que pode haber uns 54.000 casos nunha
poboación como a galega.
-¿Que buscan mellorar na asistencia que presta a sanidade galega? -
Queremos que aquí haxa especialistas en linfodrenaxe e noutras técnicas
que axuden aos afectados, sobre todo aos máis novos, pois hai algúns que
teñen que ir fóra para se tratar das dores e problemas deste mal.
Fuente:http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/Celga3_unidade2_texto1.pdf
Etiquetas:
Prensa Escrita
Suscribirse a:
Entradas
(
Atom
)